Num: 2027 | Sábado 25 de junio de 2022
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net
Opinión


9 de marzo de 2022

Novo día da lingua galega no Bierzo


Cada 9 de marzo celebramos o Día da nosa lingua galega no Bierzo. Dita data concorda co nacemento de frei Martín Samiento en 1795, persoeiro tan vencellado coa nosa rexión. Hogano, ademais ten lugar o 250 aniversario do seu pasamento en 1772. Este erudito relixioso dignificou o noso idioma e defendeu o seu ensino entre a mocidade.

Por suposto, aproveitamos esta data tan sinalada para reivindicar un maior apoio para a nosa lingua galega no Bierzo. Restan colexios do ocidente rexional que non ofertan este idioma de xeito voluntario, as administraciois locais seguen sen usar o galego, os medios de comunicación non permiten este idioma, etc. E as vindeiras Cortes de Castela e León deberían elaborar unha Lei de linguas minorizadas para a protección do leonés, galego e eusquera de Trebiño.

Pola outra banda, o Instituto de Estudios Bercianos está a recompilar o patrimonio inmaterial dos chamados amplos Ancares bercianos que abrangue os concellos de Vilafranca, Candín e Peranzais. Esta iniciativa trata de recoller caracteres culturais tais coma danzas, romarías, magostos, entroidos, cancioneiros, formas alimentares, artes populares, técnicas constructivas, artesanato, relixiosidade, ordenación territorial, literatura oral, etc. Sería de interese ter en conta o dereito consuetudinario (normas comunitarias rurais) coma concellos, veceiras de gando, morteiras, facendeiras, searas, agras, montes comunais, etc.

Non podemos pasar por alto que esta comentada ampla cultura rural está inserida nun complexo idiomático que non pode ser esquecido. A lingua galega está moi presente nesta zona.  Queremos dicir que esta cultura inmaterial se desenvolove históricamente através do noso idioma galego. Arrincar determinados aspectos culturais galegobercianos para potencialos hoxe dentro da cultura castelá non parece un acerto, senón todo o contrario, unha clara aculturización.

A campaña Bierzo Inmaterial non semella un bo comezo. Esta novidade racha coa nosa toponimia tradicional, El Bierzo/O Bierzo. Vemos o mal principio co exemplo do Instituto de Estudios Bercianos que ignora o noso artigo determinado. Isto é respeito pola toponimia berciana?. Semella máis unha nova castelanización. Nula sensibilidade polo bilingüismo rexional. Moito dubidamos que coa nova investigación poidamos ver a recuperación dos outros topónimos (Teixeo, A Somoza, Vilarbón, Veigueliña, Vilar de Aceiro, etc).

Agardamos que a futura plataforma dixital que se anuncia polo IEB chegará a recoñecer que se fala galego aínda. Non se pode despoxar do idioma galego tradicional a este territorio periférico e aos seus falantes. Tampouco se debe minimizar esta importancia lingüística con devaluadas denominaciois (chapurreao, berciano, galegoleonés, fala ancaresa, etc).

Intentan os investigadores revalorizar O Bierzo inmaterial mais non se pode agochar a presenza da lingua galega que vencella todo ese patrimonio cultural. Por iso agardamos que sexan capaces de reestructurar o seu traballo pescudador. Porque a proteción dunha lingua é algo máis que recompilar un léxico tradicional ou toponímico, hai tamén formas gramáticais, morfosintaxe, fonética, sociolingüística, etc. Oxalá estes breves apuntamentos eviten unha nova descontextualización cultural propia das dinámicas antibilingües.

Javier Lago Mestre

O Bierzo marzo de 2022.

Print Friendly, PDF & Email
NOTICIA FIJA DESKTOP
NOTICIA RANDOM DESKTOP
NOTICIA RANDOM DESKTOP
NOTICIA RANDOM DESKTOP
NOTICIA RANDOM DESKTOP
OFERTAS EMPLEO LACIANA
NOTICIA RANDOM DEKSTOP
PROGRAMACION TV
Programación TV
ADSENSE CUADRADO 01
la encuesta

¿Cree que el covid 19 ya no es una pandemia, a efectos de retirar las medidas preventivas?

Cargando ... Cargando ...
ROBAPAGINAS THEMONEYTIZER
ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
Editor:
Alejandro J. García Nistal
Redacción:
Álex Estébanez (Redactor jefe) / Patricia Castro
redaccion@lacianadigital.com | publicidad@lacianadigital.com | administracion@lacianadigital.com


© 2022 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.